-
Prohibición de queimas agrícolas e forestais de particulares dende o venres 22 de marzo
21-Marzo-2024 13:46
O Concello de Mazaricos informa de que a Xunta de Galicia anunciou a prohibición, dende mañá venres 22 de marzo de 2024, das queimas agrícolas e forestais de particulares. Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir desa data. A prohibición durará ata novo aviso en sentido contrario.
Archivo adjunto: -
Charla informativa Cártel do Leite para gandeiras e gandeiros
18-Marzo-2024 14:01
O vindeiro venres terá lugar unha charla informativa na Casa de Cultura para gandeiras e gandeiros que reclamasen ou queiran reclamar logo da recente sentenza da Audiencia Nacional contra varias industrias lácteas no caso do "cártel do leite".
Venres 22 ás 12h da mañá na Casa de Cultura.
Archivo adjunto: -
Avaría na auga (Foxas e Castro)
-
Recordatorio - Abertas as inscricións para a VIII BTT Os Picos de Mazaricos - Domingo 14 de abril de 2024
09-Marzo-2024 13:48
Volven as bicis a Mazaricos! A VIII BTT Os Picos de Mazaricos - Da Ruña ao Aro celebrarase o domingo 14 de abril.
Podes consultar aquí as rutas: https://drive.google.com/drive/folders/1jVs4rPc5W1AC3zPPOQGouYAxe9fzOzoz?usp=(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
8 de marzo - Día Internacional da Muller
08-Marzo-2024 13:43
Neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende o Concello de Mazaricos reiteramos o noso compromiso por traballar por unha sociedade plenamente igualitaria. E con estes fermosos versos de Manuel María, recuperamos a memoria de moitas mulleres que fixeron historia en Galicia.
Ademais, dende Mazaricos, temos que salientar a figura e a dignidade das mulleres do medio rural. Por iso, durante todo este mes, se seguides o noso facebook poderedes coñecer as historias de distintas mul(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Servizo de Transporte Gratuíto Eleccións Autonómicas 2024
16-Febrero-2024 13:51
Con motivo da celebración das eleccións galegas, do 18 de febreiro de 2024, o Sr. Alcalde comunica a posta a disposición da veciñanza de 2 microbuses gratuítos para poder acudir a votar. Os horarios e itinerarios dos autobuses ás diferentes mesas electorais será o seguinte:
Itinerario 1 (mesa da Picota): Niñán – Vaos – Abeleiras – Lago – Abeleiroas – Quintáns – Lugarnovo – Vilar – Busto – Ponteolveira – Sanfoga – Mazaricos – Atan – Insúa – A Picota. Ás 9 da mañá.
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Enquisa sobre comunidades enerxéticas de EC4RURAL
09-Febrero-2024 14:23
O Concello de Mazaricos é un dos 34 municipios rurais que colaboran coa iniciativa EC4RURAL de transición cara a unha enerxía limpa e de desenvolvemento de comunidades enerxéticas locais.
Están a realizar unha enquisa sobre o coñecemento das comunidades enerxéticas e dos modelos de autoconsumo colectivo de enerxía renovable. Solicitan a colaboración de toda a veciñanza que poida cubrir esta enquisa de poucos minutos.
Podes colaborar nesta ligazón: (...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
XXV Festa do Bolo do Pote de Mazaricos
06-Febrero-2024 11:58
Mazaricos celebra a XXV Festa do Bolo do Pote na fin de semana do 2 e 3 de marzo.
PROGRAMA
Sábado 2 de marzo
- Xantares e ceas, previa reserva, de cocido e bolos do pote nos establecementos hostaleiros.
Domingo 3 de marzo
- Comezo da Festa ás 13h co pasarrúas e concerto do grupo de gaitas O SIB DO SOLPOR.
-
Festa de Entroido
01-Febrero-2024 12:12
Mazaricos celebra o Entroido cunha Gran Festa Infantil de Disfraces o sábado 10 de febreiro. Será ás 5 da tarde no recinto feiral da Picota.
Haberá agasallos para todas as nenas e nenos que veñan disfrazados. Ademais, desfrutarán dun parque de inchables e participarán en obradoiros de maquillaxe e de elaboración de máscaras.
Compartiremos unhas estupendas filloas servidas pola Asociación de Filloas da Baña e un delicioso chocolate.
Tamén celebraremos un concurso de dis(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Curso de poda de árbores froiteiras - 5 e 6 de febreiro
-
VIII BTT Os Picos de Mazaricos - Domingo 14 de abril de 2024
24-Enero-2024 15:02
Volven as bicis a Mazaricos! A VIII BTT Os Picos de Mazaricos - Da Ruña ao Aro celebrarase o domingo 14 de abril.
Podes consultar aquí as rutas: https://drive.google.com/drive/folders/1jVs4rPc5W1AC3zPPOQGouYAxe9fzOzoz?usp=sharing
En breve anunciaremos o(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
RECORDATORIO - III Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal
19-Enero-2024 20:27
A terceira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal celebrarase en Mazaricos mañá sábado 20 de xaneiro, lembrando un ano máis o noso veciño Xosé Esperante, 'Che de Pedro', morto en 1963 durante a loita veciñal en defensa do monte comunal. A organización do evento, o INGATECO, coa colaboración da ORGACCMM e do Concello de Mazaricos, volve convidar a toda a cidadanía a participar deste homenaxe, que pretende servir de restitución da memoria e reivindicac(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
XIII Festival Benéfico Adisbismur
18-Enero-2024 13:04
Este domingo, Adisbismur celebra o seu XIII Festival Benéfico na Picota. Ás 5 da tarde na Casa de Cultura. Trátase dun evento organizado polas persoas con discapacidade do centro de Valadares. Música, baile e diversión para unha tarde inesquecible. Donativo de 5 € para entrada con sorteo dunha cesta.
Archivo adjunto: -
Axudas para a promoción do emprego autónomo 2024
11-Enero-2024 14:11
Dispoñibles axudas para promoción do emprego autónomo, dirixidas a persoas desempregadas que se dean de alta como autónomas entre o 1 de outubro do ano pasado e o 30 de setembro deste. -
Aviso de avaría na subministración de auga
11-Enero-2024 10:12
-
III Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal
10-Enero-2024 11:58
A terceira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal celebrarase en Mazaricos o sábado 20 de xaneiro, lembrando un ano máis o noso veciño Xosé Esperante, 'Che de Pedro', morto en 1963 durante a loita veciñal en defensa do monte comunal. A organización do evento, o INGATECO, coa colaboración da ORGACCMM e do Concello de Mazaricos, volve convidar a toda a cidadanía a participar deste homenaxe, que pretende servir de restitución da memoria e reivindicación(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: