• 2024-02-06 11:58:59
    Info Xeral


    Mazaricos celebra a XXV Festa do Bolo do Pote na fin de semana do 2 e 3 de marzo.

    PROGRAMA

    Sábado 2 de marzo
    • Xantares e ceas, previa reserva, de cocido e bolos do pote nos establecementos hostaleiros. 


    Domingo 3 de marzo
    • Comezo da Festa ás 13h co pasarrúas e concerto do grupo de gaitas O SIB DO SOLPOR.
    • Degustación Bolos do Pote no Campo da Feira (prezo: 2€, inclúe un prato de cerámica do Buño). 
    • Degustación e xantares nos diferentes establecementos hostaleiros. 
    • A partir das 16h pasarrúas pola Picota a cargo da CHARANGA ALAMBIQUE.

     

    Se o tempo o permite haberá inchables para a rapazada (de 12:30h a 15:15h e de 16:15h a 18:30 h).

    Locais de degustación (recoméndase reserva previa)
    • Asador Manduca (981 85 20 95, A Picota).
    • Restaurante EFE-EME  (981 85 20 78, A Picota).
    • Casa Jurjo (981 85 20 15, A Picota).
    • Campamento Corzón (606 817 146, Corzón).
    • Casa Pego (981 08 80 80, San Cosme).

      MENÚ: BOLOS DO POTE, COCIDO, POSTRE, VIÑO E CAFÉ DESDE 25 EUROS 


    Locais colaboradores
    • Taberna Casa Senra (A Picota).
    • Café Bar Alborada (A Picota).
    • Pizzería Pinocchio (A Picota).


    Organiza o Concello de Mazaricos. Colaboran Asociación de Amas de Casa El Hórreo, Asociación de Veciños Monte Picoto e Casa Jurjo.




    Adjuntos: