-
8 de marzo - Día Internacional da Muller2024-03-08 13:43:45Info Xeral
Neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende o Concello de Mazaricos reiteramos o noso compromiso por traballar por unha sociedade plenamente igualitaria. E con estes fermosos versos de Manuel María, recuperamos a memoria de moitas mulleres que fixeron historia en Galicia.
Ademais, dende Mazaricos, temos que salientar a figura e a dignidade das mulleres do medio rural. Por iso, durante todo este mes, se seguides o noso facebook poderedes coñecer as historias de distintas mulleres referenciais do noso municipio que iremos publicando periodicamente.