-
Festa de Entroido2024-02-01 12:12:06Cultura
Mazaricos celebra o Entroido cunha Gran Festa Infantil de Disfraces o sábado 10 de febreiro. Será ás 5 da tarde no recinto feiral da Picota.
Haberá agasallos para todas as nenas e nenos que veñan disfrazados. Ademais, desfrutarán dun parque de inchables e participarán en obradoiros de maquillaxe e de elaboración de máscaras.
Compartiremos unhas estupendas filloas servidas pola Asociación de Filloas da Baña e un delicioso chocolate.
Tamén celebraremos un concurso de disfraces con tres categorías: individual, parella e comparta (mínimo 5 participantes).
E un ano máis xogaremos a un deporte tradicional como a billarda, cun campionato que comezará ás 4 da tarde. Pódeste inscribir para o torneo a través de whatsapp escribindo ao 680 600 806, indicando ademais do nome a túa idade.
Non faltes!
Os días 12 e 14 de febreiro, ademais, haberá dispoñible un campamento de Entroido para @s pequen@s da casa.