• 2024-01-19 20:27:31
    Info Xeral

    A terceira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal celebrarase en Mazaricos mañá sábado 20 de xaneiro, lembrando un ano máis o noso veciño Xosé Esperante, 'Che de Pedro', morto en 1963 durante a loita veciñal en defensa do monte comunal. A organización do evento, o INGATECO, coa colaboración da ORGACCMM e do Concello de Mazaricos, volve convidar a toda a cidadanía a participar deste homenaxe, que pretende servir de restitución da memoria e reivindicación da dignidade de todas as persoas que loitaron contra a usurpación das terras comunais e pola riqueza e o futuro do mundo rural.

    PROGRAMA
    • Primeira parte (Local Social de Eirón).
    11,00 horas: Presentación da xornada por INGATECO. Benvida polo alcalde de Mazaricos.
    11,15 horas: Intervención de Edelmiro López Iglesias. Profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Ex - Director Xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galiza. Ponencia: “O futuro dos Montes Veciñais en Man Común na Galiza Rural do século XXI”.
    12,00 horas: Acto de homenaxe a ORGACCMM no seu 25 aniversario.
    12,15 horas: Intervención de Xosé Alfredo Pereira. Presidente da ORGACCMM.
    12,45 horas: Remate.

    • Segunda parte (no monumento a Che de Pedro).
    13,00 horas: Acto de homenaxe no monumento de Eirón, no cabodano da morte de José Esperante (Che de Pedro, 22.01.63) e demais represaliados na defensa da terra comunitaria.
    13,15 horas: Intervencións de INGATECO, CONCELLO DE MAZARICOS, ORGACCMM, FAMILIA ESPERANTE.
    13,30 horas: Ofrenda floral. Himno Galego.

    Organiza: Instituto Galego das Terras Comunitarias (INGATECO).
    Colaboran: Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, Concello de Mazaricos. 



    Adjuntos: