-
ROZA DE TERREOS NA PROXIMIDADE DE NÚCLEOS E EDIFICACIÓNS2026-07-24 22:04:19Info Xeral
🟦 Lembranza importante para a veciñanza
O Concello de Mazaricos lembra que todas as fincas situadas a menos de 50 metros dos núcleos de poboación ou de edificacións illadas deben manterse limpas, segundo a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais.
A roza e o mantemento axeitado das parcelas é fundamental para previr incendios, protexer ás persoas e garantir a seguridade das vivendas e do territorio.
👉 É obrigatorio retirar silvas, toxos, fentos e outra vexetación, así como eliminar piñeiros, eucaliptos e acacias dentro das distancias marcadas pola lei.
O incumprimento pode supoñer responsabilidade civil e penal, ademais das sancións previstas na normativa vixente.
Coidemos entre todas e todos do noso entorno.