-
Música de Costa de Marfil en Santa Baia de Chacín2026-07-22 08:11:10Cultura
Mañá, a igrexa de Santa Baia (Chacín) acollerá a actuación do grupo Ayidissa, chegado desde Costa de Marfil dentro dun programa de intercambio cultural promovido pola ONG Égueire. Trátase dun conxunto vocal e musical que destaca pola súa enerxía, polifonías africanas e unha posta en escena capaz de conectar co público sen necesidade de compartir idioma.
Unha oportunidade para escoitar música tradicional africana nun espazo único do noso concello e desfrutar de ritmos que unen culturas e enchen de enerxía cada momento.
Hora: 20:30
Entrada de balde