-
Presentación do libro Supermercado Carmiña2026-06-22 22:05:18Cultura
📚 Presentación en Mazaricos de Supermercado Carmiña
Este domingo 28 de xuño, ás 17:00 h, a Casa de Cultura acolle a presentación da novela Supermercado Carmiña de Celestino Pérez Recarey.
No acto participará tamén Manuel González González, Manolo da Irmandade da Picota, membro da RAG e Fillo Predilecto de Mazaricos.
O autor, que iniciou a súa vida docente na Picota nos anos 60, trae unha historia ambientada nunha vila pequena e próxima ao noso imaxinario, con personaxes recoñecibles e moita memoria da vida cotiá.
📖 Agardámoste para compartir literatura e comunidade.