• 2026-06-22 13:18:44
    Info Xeral


    O IMSERSO abre o prazo para solicitar praza no Programa de Turismo 2026/2027, que estará dispoñible do luns 22 de xuño ao venres 10 de xullo de 2026, ambos incluídos.

    Poden participar todas as persoas que cumpran algún destes requisitos: • Pensionistas de xubilación da Seguridade Social. • Pensionistas de viuvez con 55 anos ou máis. • Pensionistas por outros conceptos ou persoas perceptoras de prestacións/subsidios de desemprego con 60 anos ou máis. • Persoas aseguradas ou beneficiarias da Seguridade Social con 65 anos ou máis.

    Tamén poden participar: • Persoas españolas residentes no estranxeiro que cumpran algún dos requisitos anteriores. • Persoas emigrantes retornadas que sexan pensionistas dos sistemas públicos de Seguridade Social do país ao que emigraron.

    O programa inclúe tres modalidades de viaxe: • Costa PeninsularCosta InsularTurismo de Escapada

    Se precisas máis información ou axuda coa solicitude, podes consultala nos Servizos Sociais do Concello de Mazaricos




    Adjuntos: