-
Aprender máis sobre o teléfono móbil2026-06-19 12:31:11Info Xeral
O Enredando Tour 2026 chega a Mazaricos da man da Cruz Vermella e da Amtega (Xunta de Galicia) para achegar a tecnoloxía ás persoas de 55 ou máis anos.
📅 Día 6 de xullo 📍 No noso concello
Se che interesa aprender máis sobre o móbil, as aplicacións, a seguridade na rede ou descubrir novas ferramentas útiles para o día a día, este obradoiro é para ti. Un espazo pensado para aprender con calma, resolver dúbidas e gañar confianza no uso da tecnoloxía.
Unha oportunidade para seguir conectadas, informados e activas nun mundo cada vez máis dixital.