-
TEATRO2026-06-01 12:28:39Cultura
O 7 de xuño ás 19:00 h, o Auditorio da Casa de Cultura da Picota acollerá a estrea da nova obra do grupo de teatro TROULA: “Grazas, aquí estou ben”.
TROULA naceu dos obradoiros municipais de teatro impartidos por Arantza Villar, unha experiencia que medrou ata converterse nun grupo estable que aposta pola cultura feita desde o rural e para a nosa comunidade.
Tras catro meses de ensaios e co apoio de Fósforo Arte e Cultura, presentan unha peza chea de humor, retranca e escenas que falan da vida cotiá, da xente de aquí e das nosas inquedanzas. Catorce intérpretes que o dan todo enriba do escenario porque, simplemente, aquí están ben.
📅 7 de xuño 🕖 19:00 h 📍 Casa de Cultura da Picota
Agardámoste para compartir teatro e comunidade.