-
📖 A MENIÑA GAITEIRA: MÚSICA E PALABRA PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 📖2026-05-12 18:04:34Cultura
Este domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Auditorio da Casa de Cultura da Picota acollerá unha proposta única para celebrar a festa da nosa lingua.
🎶 SERVANDO BARREIRO, músico e contador de historias, presentará "A MENIÑA GAITEIRA", un espectáculo musical e narrativo baseado na vida e obra de Rosalía de Castro.
A través de poemas cantados, pasaxes biográficas e reflexións sobre a súa condición de muller e escritora, a proposta combina momentos enérxicos con outros intimistas, achegando a figura da nosa POETA NACIONAL ao público actual.
📅 Domindo 17 de maio | 17:00 h
📍 Auditorio da Casa de Cultura da Picota
🎟️ Entrada de balde
Non faltes a esta cita coa cultura, a música e a memoria de Rosalía. Celebramos as nosas letras, celebramos a nosa lingua.