• 2026-03-07 09:02:00
    Info Xeral


    martes 10 de marzo, a unidade móbil de doazón de sangue estará no Campo da Feira da Picota, en horario de 16:00 a 21:00 horas.

    🎯 Podes doar se:
    ✅ Tes máis de 18 anos
    ✅ Pesas máis de 50 quilos

    ⏱️ Só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutras persoas.

    📋 Recomendacións importantes:
    • Almorza normalmente
    • Despois de xantar, espera 2 horas antes de doar
    • Non fagas unha comida copiosa antes
    • Trae a tarxeta de doazón e o DNI
    • Informa ao persoal sanitario se tomas algún medicamento

    🚐 Non perdas este bus. Un pequeno xesto pode salvar vidas.

    Comparte esta publicación para que chegue ao maior número de persoas posible. ❤️




    Adjuntos: