• 2026-02-04 21:50:48
    Info Xeral


    A aplicación Mazaricos Informa deixou de ofrecer o servizo de envío de mensaxes a través de WhatsApp. A partir de agora, todas as comunicacións municipais enviaranse tamén mediante unha canle oficial de Telegram chamada mazaricosinforma.

    Se queres seguir recibindo avisos no teu móbil a través de Telegram, só tes que seguir estes pasos:

    1. Instala Telegram dende a Play Store (Android) ou App Store (iPhone), é de balde.

    2. Abre a aplicación e vai ao apartado “Canles” ou busca directamente.

    3. Busca mazaricosinforma.

    4. Preme en “Unirme” para recibir as notificacións municipais.