• 2024-07-15 11:22:34
    Cultura


    O vindeiro mércores, 17 de xullo, o espazo histórico da igrexa de Santa Baia de Chacín acollerá unha nova actuación musical de entrada libre. Trátase do concerto de Vocal Eburnie, un grupo artístico de Costa de Marfil que promove danzas, ritmos e cantos tradicionais do continente africano. As súas actuacións, que inclúen cantantes, músicos e bailaríns, son diversas e espectaculares, entre o moderno e o tradicional.




    O concerto será ás 21h na igrexa de Santa Baia, o mércores 17 de xullo. Non faltes!



    Adjuntos: