-
Concurso fotográfico Semana Gandeira de Mazaricos2023-11-09 17:29:30Info XeralUn ano máis, o Concello organiza un concurso fotográfico co gallo da Semana Gandeira e co tema "A gandería en Mazaricos". Poderá participarse enviando por whatsapp, entre o 13 e o 26 de novembro, fotografías con esta temática ao número 696 33 09 66.
Haberá tres premios de xurado e un cuarto de votación do público. O primeiro premio consistirá nunha cea para 6 persoas; o 2º, unha cea para catro persoas; e o terceiro, unha cea para dúas persoas. O premio do público consistirá igualmente nunha cea para dúas persoas.