-
📌 Concello de Mazaricos
Info Xeral29-Junio-2023 09:26
-
AVISO IMPORTANTE
Info Xeral05-Agosto-2026 09:47
Durante a mañá do xoves, 6 de agosto, procederase ao asfaltado da travesía da Picota, no tramo comprendido entre o Campo da Feira e a zona situada diante do Banco Santander.
Por este motivo, é imprescindible que non haxa ningún vehículo estacionado ao longo deste tramo da vía para facilitar os traballos e evitar incidencias.
Agradecemos de antemán a colaboración e comprensión da veciñanza. Desculpade as molestias ocasionadas.
Archivo adjunto: -
TEATRO INFANTIL NA PICOTA
Cultura01-Agosto-2026 17:07
Planeta LGTBIQ, de A Trastenda dos Contos
O martes 4 de agosto, ás 11:00 da mañá, a Casa da Cultura da Picota acollerá este espectáculo infantil incluído no Circuito en Igualdade da Deputación da Coruña.
Unha proposta pensada para nenas e nenos, que nos leva ao planeta M’Burro, un lugar onde todo é igual e monótono. A través dunha viaxe intergaláctica, os personaxes descobren na Terra a diversidade das persoas e das familias, aprendendo que cada(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
ROZA DE TERREOS NA PROXIMIDADE DE NÚCLEOS E EDIFICACIÓNS
Info Xeral24-Julio-2026 22:04
🟦 Lembranza importante para a veciñanza
O Concello de Mazaricos lembra que todas as fincas situadas a menos de 50 metros dos núcleos de poboación ou de edificacións illadas deben manterse limpas, segundo a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais.
A roza e o mantemento axeitado das parcelas é fundamental para previr incendios, protexer ás persoas e garantir a seguridade das vivendas e do territorio.
👉 É obrigatorio retirar silvas,(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Música de Costa de Marfil en Santa Baia de Chacín
Cultura22-Julio-2026 08:11
Mañá, a igrexa de Santa Baia (Chacín) acollerá a actuación do grupo Ayidissa, chegado desde Costa de Marfil dentro dun programa de intercambio cultural promovido pola ONG Égueire. Trátase dun conxunto vocal e musical que destaca pola súa enerxía, polifonías africanas e unha posta en escena capaz de conectar co público sen necesidade de compartir idioma.
Unha oportunidade para escoitar música tradicional africana nun espazo único do noso concello e(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
🎾 VERÁN DE PÁDEL EN MAZARICOS 🎾
Deporte18-Julio-2026 17:30
O Mazaricos CF en colaboración co Concello, organiza dous torneos amateur de pádel este agosto na pista municipal. Todos os niveis e a partir dos 16 anos. Anímate! 🏆
👥 TORNEO POR PARELLAS
📅 8 e 9 de agosto
🎾 16 parellas · fase de grupos + eliminatoria (mínimo 3 partidos garantidos)
💶 20 € por parella
⏳ Inscrición aberta ata o 5 de agosto
🔁 TORNEO AMERICANO (individual)
📅 15 e 16 de agosto
🎾 16 prazas · non fai falla parella: xogas con e contra(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Festivo local
Info Xeral09-Julio-2026 13:04
O 10 de xullo é festivo local en Mazaricos neste 2026.
Cada concello ten que designar, por lei, dous festivos propios. No noso caso, tradicionalmente escóllense o martes de entroido e o día de San Xoán. Este ano, ao coincidir o 24 de xuño co festivo galego, foi necesario escoller outra data.
Así, o festivo local trasládase ao 10 de xullo, coincidindo coa festividade de San Cristovo.
Archivo adjunto: -
💧 Aviso á veciñanza: redución temporal do consumo de auga
Info Xeral01-Julio-2026 21:38
Estamos traballando na reparación dunha avería na rede de abastecemento. Mentres se completa a intervención, é importante facer un uso responsable da auga para garantir o subministro en todas as casas e explotacións do concello. Unha pequena redución no consumo axuda a manter o servizo en condicións óptimas para toda a distribución municipal.
Agradecemos a colaboración. Entre todas e todos, coidamos un ben esencial para a vida e para o noso rural.
Archivo adjunto: -
Este verán DOA SANGUE en MaZaricos
Info Xeral01-Julio-2026 09:13
A Picota, venres 3 de xullo no Campo da Feira, das 16:00 ás 21:00 horas
A diferenza entre un doante e un doente é un alento de vida!!
Recorda:
- Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espera 2 horas
- Non esquezas traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar
- Informe ao médico se estás a tomar algún medicamento
- Non fagas unha comida copiosa antes de doar
+ información no 900 100 828
Archivo adjunto: -
Eventos desta fin de semana
Info Xeral27-Junio-2026 11:57
🎉 Fin de semana con actividade en Mazaricos
🔥 Churrascada do Mazaricos CF Hoxe ás 14:00 h, no polideportivo da Picota.
💃 Festival fin de curso de Tinxideira Hoxe ás 17:00 h, no recinto feiral da Picota.
📚 Presentación do libro Supermercado Carmiña Domingo ás 17:00 h, na Casa da Cultura.
Tres propostas para gozar da comunidade e da vida cultural e deportiva do noso concello.
Archivo adjunto: -
Noite de San Xoán
Cultura23-Junio-2026 22:36
✨🔥 Hoxe celebramos a noite de San Xoán, unha das tradicións máis fondas e queridas do noso país. Unha noite de lume, encontro e comunidade, na que as cachelas alumena aldeas, lugares e parroquias de todo o Concello.
Esta noite é tamén unha maneira de celebrar o que somos: xente unida, que coida da súa cultura, da súa lingua e do seu territorio.
Que o lume das cachelas nos traia forza e saúde. Queimar o vello, abrir paso ao novo. Xuntas e xuntos, como sempre.
Archivo adjunto: -
Presentación do libro Supermercado Carmiña
Cultura22-Junio-2026 22:05
📚 Presentación en Mazaricos de Supermercado Carmiña
Este domingo 28 de xuño, ás 17:00 h, a Casa de Cultura acolle a presentación da novela Supermercado Carmiña de Celestino Pérez Recarey.
No acto participará tamén Manuel González González, Manolo da Irmandade da Picota, membro da RAG e Fillo Predilecto de Mazaricos.
O autor, que iniciou a súa vida docente na Picota nos anos 60, trae unha historia ambientada nunha vila pequena e próxima ao noso(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
TURISMO DO IMSERSO
Info Xeral22-Junio-2026 13:18
O IMSERSO abre o prazo para solicitar praza no Programa de Turismo 2026/2027, que estará dispoñible do luns 22 de xuño ao venres 10 de xullo de 2026, ambos incluídos.
Poden participar todas as persoas que cumpran algún destes requisitos: • Pensionistas de xubilación da Seguridade Social. • Pensionistas de viuvez con 55 anos ou máis. • Pensionistas por outros conceptos ou persoas perceptoras de prestacións/subsidios de desemprego con 60 anos ou máis. •(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
PISCINA MUNICIPAL
Deporte22-Junio-2026 11:34
A Piscina Cuberta de Mazaricos abre hoxe as súas portas para a tempada de verán 2026! 

O Concello de Mazaricos informa da apertura, desde hoxe, da Piscina Cuberta Municipal, que permanecerá en funcionamento durante a tempada estival cos seguintes horarios:
Meses de xuño, xullo e agosto
Mañás: de 10:00 a 14:00 h
Tardes: de 16:00 a 20:00 h
Mes de setembro (ata o 6 de setembro incluído)
Mañás: de 11:00 a 14:00 h
Tardes: de 15:00 a 18:00 h
Cursos de(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Aprender máis sobre o teléfono móbil
Info Xeral19-Junio-2026 12:31
O Enredando Tour 2026 chega a Mazaricos da man da Cruz Vermella e da Amtega (Xunta de Galicia) para achegar a tecnoloxía ás persoas de 55 ou máis anos.
📅 Día 6 de xullo 📍 No noso concello
Se che interesa aprender máis sobre o móbil, as aplicacións, a seguridade na rede ou descubrir novas ferramentas útiles para o día a día, este obradoiro é para ti. Un espazo pensado para aprender con calma, resolver dúbidas e gañar confianza no uso da(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
XVI Festa Africana en Mazaricos
Cultura17-Junio-2026 12:15
XVI Festa Africana en Mazaricos

Este 4 de xullo, a partir das 12:00 h, o recinto feiral da Picota acollerá unha nova edición da Festa Africana, organizada pola Asociación Égueire, entidade comprometida coa cooperación para o desenvolvemento en Costa de Marfil.
Será unha xornada de sensibilización aberta a toda a veciñanza, con música en directo, actividades para todas as idades, mercado de artesanía e un xantar solidario (25 €) que contribúe a apoiar(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Concerto de fin de curso da Escola de Música Moderna
Cultura16-Junio-2026 21:53


